martes, 5 de marzo de 2013

Cadete: CD Los Rosales 41-86 C.B. Arteixo


Visitaba o C.B. Arteixo ó CD Los Rosales na segunda xornada da segunda fase da liga cadete. O partido xogouse o domingo ás 12:00 horas no Polideportivo de Os Rosales de A Coruña.

Buscaban os xogadores de Jose a súa primeira victoria nesta fase, despois de perder a semana pasada ante o Salgado Montrove.

Comezaba o partido cunha forte presión defensiva a todo campo por parte dos arteixáns, o que provocaba perdas de balón continuas. Grazas a numerosos contraataques o marcador sinalaba un 11-20 ó remate do primeiro periodo.

No segundo periodo continuaba o nivel defensivo por parte dos de Arteixo. Conseguían tamén boas opcións de lanzamento en ataque, o que provocaba que a vantaxe no marcador seguise aumentando ata chegar ó descanso cun 16-43 no marcador.

Á volta do descanso, os locais refuxiábanse nunha defensa zonal 3-2. Conseguise atacar ben a zona, sobre todo nos espazos polo fondo da pista, facía que a diferenza seguise aumentando. Había problemas na defensa, con malas axudas que deixaban xogadores sós en posición de lanzamento.

O último periodo foi un trámite, os visitantes xogaban con xogadores de primeiro ano, os cales non disminuiron o nivel de intensidade nin de traballo. Finalizaba o partido cun 41-86 no marcador grazas ó traballo de tódolos xogadores do equipo.

A próxima semana o C.B. Arteixo recibirá a visita do BCA 97 o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván, Antón e Adrián.
Ad: Germán Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario