Esta fin de semana descansará
o equipo infantil feminino, por non
poder contar con xogadoras suficientes para afrontar o partido que as debería
enfrontar ó CD Los Rosales no inicio da segunda fase da liga. Tamén descansará
o equipo senior de 2ª división, que conta
con xornada de descanso por ser un número impar de equipos na liga.
Abre a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino, que
visitará ó BCA 2000 o sábado ás 10:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de
A Coruña. Último partido da primeira fase para os xogadores de Edu, que
buscarán rematar a mesma cunha victoria e continuar coa mellora dende principio
de tempada.
Continúa a xornada
do sábado ás 12:30 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña co C.B. Arteixo alevín mixto que disputará
un complicado partido ante BCA A, equipo que non perdeu ningún partido no que
vai de tempada, gañando case todos por KO. Difícil papeleta para os nenos e
nenas de Arkaitz, que non perderán a cara ó partido e intentarán pelexar como
cada fin de semana.
Comeza a xornada do
domingo o C.B. Arteixo cadete que visitará
ó CD Los Rosales ás 12:00 horas no Polideportivo de Os Rosales de A Coruña. Segundo
partido da segunda fase da liga para os xogadores de Jose, que intentarán
conseguir a primeira victoria desta fase, despois de perder na primeira xornada
contra o Salgado Montrove.
Abre a xornada da
tarde o C.B. Arteixo junior, que
xogará o seu primeiro partido da segunda fase da liga recibindo ó C.B. Cambre
ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Preséntase un partido igualado
entre os dous equipos, no que será necesario suar en cada ataque e en cada
defensa para poder conseguir a victoria.
Pecha a xornada ás
19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo o C.B. Arteixo senior de 4ª división, que recibirá ó IDEFIC. Partido
contra o quinto clasificado, polo que se presenta un partido duro para os
xogadores de Germán, quenes aínda non son capaces de certificar a súa mellora ó
longo da tempada cunha nova victoria no seu casilleiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario