martes, 26 de febrero de 2013

Senior 4ª división: C.B. Ventorrillo 72-52 C.B. Arteixo


Partido xogado contra o Ventorrillo no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña, o domingo ás 17:00 horas.

Neste partido, fixo o seu debut na liga senior o xogador do equipo junior Daniel, debido a que se contaba coa baixa de Cotelo.

Comezaba frouxo o partido, ós 3 minutos de xogo o marcador aínda sinalaba un pobre 2-2. A partir de aquí mellorou a puntería dos dous equipos, pero sen haber vantaxes de máis de 2 puntos para calquera dos dous equipos. Os locais dominaban o rebote en ámbolos dous aros, grazas á superioridade física e numérica sobre os arteixáns. Pola súa banda, os arteixáns estaban serios na defensa e buscaban boas opcións de lanzamento no ataque. Chegouse ó final do periodo cun empate a 12 no marcador.

No segundo periodo continuaba a igualdade e melloraba o acerto por parte dos dous equipos. Os arteixáns seguían serios na defensa e atopando boas opcións de lanzamento no ataque, axudadas pola boa circulación do balón. Os dous últimos minutos do periodo foron un gran lastre para o equipo de Germán, nos que varias perdas de balón e canastras fáciles concedidas fixeron que os locais se despegasen no marcador e chegasen ó descanso con 10 puntos de vantaxe (36-26).

Á volta do descanso seguía a desconcentración visitante, con perdas de balón e faltos de intensidade na defensa, o que aproveitaron os locais para poñer máis terra de por medio no marcador, chegando ós 20 puntos de vantaxe. A volta á normalidade do ataque arteixán, con bo movemento de balón para conseguir lanzamentos liberados fixo que a vantaxe local fose de 17 puntos ó remate do periodo (55-38).

O último periodo foi máis igualado, os arteixáns conseguían ataques rápidos sen moito acerto, mentres que si conseguían boas opcións de lanzamento cando se elaboraban máis os ataques, chegando a realizar xogadas de mérito. Pola súa banda, os locais seguían a facer o seu xogo e conseguir manter a vantaxe que había no marcador. Chegouse ó final do partido con 20 puntos de diferenza para os locais (72-52).

Destacar os golpes sufridos por David e por Dany, que non lles permitiron continuar no partido unha vez sucedidos.

A próxima fin de semana o C.B. Arteixo recibirá ó IDEFIC ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo co obxectivo de seguir mellorando no seu xogo e conseguir unha victoria que os saque da última praza da clasificación.

C.B. Arteixo
Germán (2), Daniel (5), Juan (11), Pavo (7), Víctor (5), David (3), Arkaitz (5), Dylan (4), Adrián (2), Héctor (3), Pablo (5), Dany (0)
Ad: Germán Lozano

Ventorrillo
Alonso (0), Iglesias (6), Cotelo (0), No (2), Valeiro (0), Vieites (30), Fraga (0), A. Lamela (4), Fernández (12), Abruñedo (17), Vázquez (0), R Lamela (1)
Ad: Javier Riestra

No hay comentarios:

Publicar un comentario