martes, 26 de febrero de 2013

Cadete: C.B: Arteixo 46-62 Salgado Montrove


Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó Salgado Montrove no primeiro partido da segunda fase da competición.

Comezaba o partido e as imprecisións en ámbolos dous equipos era a tónica a seguir. Moitos pases errados, fallos na defensa a toda pista e malas situacións de lanzamento facían que o primeiro periodo rematase cun 8-12 no marcador.

No segundo periodo, os visitantes metíanse de cheo no partido aportando defensa e rebote, estadística esta última dominada completamente polo Montrove. Grazas a esto, conseguían canastras en segundas oportunidades que poñían un 17-29 no marcadore ó descanso.

Á volta dos vestiarios, o partido foi completamente diferente. Ámbolos dous equipos defendían a toda pista e alternaban defensas zonais con individuais e o marcador apenas se movía, só con accións individuais dos homes rápidos de cada equipo. Remata o periodo cun 27-40 para os visitantes.

O último periodo, un mal inicio dos locais fixo que os de Montrove se distanciasen no marcador ata chegar ós 20 puntos de diferenza. Unha pequena reacción final fixo que o marcador se maquillase para chegar ó 46-62 final.


A próxima semana o C.B. Arteixo visitará ó CD Los Rosales en hora e lugar por determinar.


C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu; Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Adrián; Antón.
Ad: Jose Ríos

No hay comentarios:

Publicar un comentario