O C.B. Arteixo visitaba ó Cenor
Cluny de Santiago o domingo ás 19:00 horas. O partido disputábase no pavillón
do Colexio Cluny de Santiago.
Trataban os xogadores de Fran Lozano
continuar coa xeira de victorias que levan dende a xornada 2 de competición
ante un rival rocoso, sobre todo na súa pista, nun partido que seguiu o guión
dos últimos partidos.
Comezaba o partido con pouca
concentració por parte dos arteixáns, o que aproveitaban os locais para mover o
balón con velocidade no ataque e con contiuo movemento dos seus xogadores para
poñer distancia no marcador cun 12-4 no minuto 6 de partido. Os arteixás
reaccionaron levemente para deixar o marcador ó final do primeiro periodo nun
15-10.
No segundo periodo, aumentou a
intensidade dos arteixáns e conseguiron empatar o partido a 20 rapidamente. Conseguiron
tamén acadar as primeiras vantaxes, aínda que mínimas, para chegar ó descanso
29-30.
No terceiro periodo, un cambio na
defensa arteixán fixo que os locais se atrancasen no ataque. Aínda con esto, os
arteixáns non foron capaces de atacar con fluidez con varias perdas de balón. Pouco
a pouco conseguen despegarse os arteixáns no marcador, para finalizar o periodo
con 8 puntos de vantaxe (40-48)
O último periodo, os arteixáns cogan
xa con máis comodidade e, igual que nos últimos partidos, foi apretando na
defensa e atacando con máis claridade e pouco a pouco consegue aumentar a
diferenza no marcador para chegar coa máxima vantaxe ó final do partido, 19
puntos para un 48-67 final.
A próxima semana o C.B. Arteixo terá
xornada de descanso debido a que hai un número de equipos impar na competición.
Cenor Cluny
Landeira (2), Rico (8), Ramos (0),
Scotto (10), Seoane (3), Rodríguez (4), Catoira (6), C González (-), L González
(7), Pérez (6), Pazos (0), P Rodríguez (2)
Ad: Souto
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (3); Diego (13); Álex
(12); Guille Conchado (9); Manu (6), Edu (7); César (2); Rober Vilariño (0);
Mindi (4); David (11).
Ad: Fran Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario