martes, 5 de febrero de 2013

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 40-52 CB Montrove

Partido disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Buscaba o C.B. Arteixo a súa terceira victoria da tempada, a segunda como local, pero non foron capaces de conseguila. Comezaba o partido recordando os primeiros partidos da tempada, sen xogar a nada, sen buscar 1x1 cara a canastra,… só 4 puntos anotados no primeiro periodo, o que aproveitaron os visitantes para comezar a poñer terra de por medio no marcador (4-15)

No segundo periodo, melloraba o acerto de cara ó aro, pero a defensa seguía a ser mala, con pouca intensidade ó que se lle sumaba a pasividade ante o rebote defensivo. Todo esto lles permitía ós visitantes aumentar un pouco máis a diferenza no marcador ó descanso (14-29).

Á volta do descanso, chegaron os mellores minutos dos arteixáns, que chegaron a poñerse a 7 puntos, pero unha serie de imprecisións no ataque e malas defensas fixeron que o marcador volvese a estar por encima dos 12 puntos ó remate do periodo (28-40).

O último periodo foi un quero e non podo por parte dos locais, que non conseguiron recortar a vantaxe acadada polos visitantes, para rematar o partido cun merecido 40-52 para o CB Montrove.

A próxima semana o C.B. Arteixo visitará ó Filloa Jazz buscando resarcirse deste mal partido e seguir na senda dos últimos partidos da primeira volta e no comezo da segunda.

C.B. Arteixo
Germán (0); Cotelo (2); Juan (12); Pavo (3); Víctor (4); David (2), Arkaitz (4); Dylan (4); Adrián (4); Héctor (5); Pablo (0); Dany (0)
Ad: Germán Lozano

CB Montrove
Hernández (4), Cánaves (13), Blanco (0), Cueto (4), López (0), Varela (8), J Calvo (0), Alberola (20), B Calvo (2), Smith (0)
Ad: Jaume Cánaves


No hay comentarios:

Publicar un comentario