Partido disputado o domingo ás 17:00
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Recibía o C.B Arteixo ó Tirso de Molina
no último partido da primeira fase da liga para os xogadores de Germán.
Comezaba o partido cun Tirso moi
superior debaixo dos tableiros e moi veloz para os arteixáns. Pouco a pouco os
arteixáns ían conseguindo boas opcións de lanzamento contra a zona visitante,
pero non eran capaces de paralos da defensa. Rematou o primeiro periodo cun
13-29 para os de Ferrol.
O segundo perido foi bastante malo
por parte dos arteixáns, superados na defensa e con malas decisións e
seleccións de lanzamento no ataque, fixeron que os de Tirso se distanciasen no
marcador ó descanso con 41 puntos de vantaxe (17-58).
A segunda metade cambiou a imaxe dos
arteixáns, conseguiron parar a sangría defensiva e buscaron as mellores opcións
no ataque, que se traducían en canastras baixo o aro. Moita intensidade para
conseguir este obxectivo. Significante o parcial de 12 a 14 neste periodo para
poñer un 29-72 no marcador.
O último periodo seguiu co mesmo
guión que o terceiro, sendo o parcial 9-12 para deixar o 38-84 final.
O C.B. Arteixo volverá a ter partido
de liga a fin de semana do 23 e 24 de febreiro, cando comece a segunda fase da
liga.
C.B. Arteixo
Darío (4), Edu (6), Eloy (2); Nico (10);
Manu (2); Diego (4); Adrián (0); Jacobo (2); Fabián (8)
Ad: Germán Lozano
Tirso de Molina
Sedes (8), Tajuelo (13), Cabezal (2),
Cobelo (13), Pita (20), Costa (28)
Ad: J Vázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario