Partido xogado contra o Caferlo
Viveiro no Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 12:00 horas.
Nova victoria, duodécima
consecutiva, nun partido para esquecer completamente para os xogadores de Fran
Lozano.
O resultado final é bastante
clarificante (39-36). Erros continuos durante os corenta minutos. Os locais non
eran capaces de anotar en case ningunha posición, nin dende cerca nin de lonxe,
nin tiros libres, polo que pouco a pouco o Caferlo Viveiro foi sacando vantaxe
no marcador, curta porque o resultado era moi baixo, pero que comparado cos
números nos que se movía o marcador era importante.
Chegouse ó último periodo cuns
números incribles, por malos, 20 a 32, 12 puntos abaixo para os arteixáns, polo
que o partido parecía irremontable. Saíron os arteixáns con intensidade por fin
no partido, anotaron 19 puntos no periodo e deixaron ós de Viveiro en só 4,
conseguindo darlle a volta ó marcador para levarse o partido por só 3 puntos de
diferenza.
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó Norinver Narón o domingo 10 de febreiro ás 19:00 horas, esperando
que non se volva a repetir un partido como este.
C.B. Arteixo
Rober (0), Iván (2), Álex (7);
Guille Conchado (0), Guille Vilanova (0), Manu (10), Edu (7), César (6), Mindi
(0), David (7), Fabián (-)
Ad: Fran Lozano
Caferlo Viveiro
Franco (0), Navarro (4), Letido (7),
V Piñón (11), Neira (4), Pedrosa (3), A Piñón (7), Souto (0)
Ad: Novo
No hay comentarios:
Publicar un comentario