Partido xogado contra o C.B.
Culleredeo no Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 12:00 horas.
Nova victoria, a decimoterceira
consecutiva, nun importante partido para os xogadores de Fran Lozano.
Importante victoria porque deixa ó
rival (C.B. Culleredo) a 4 victorias de distancia e coa diferenza de puntos
favorable a falta de 5 partidos (6 xornadas) para o remate da fase regular da
liga.
O partido non foi bo pero si mantivo
a emoción, xa que as diferenzas, menos ó comezo e ó final, foron sempre moi
curtas.
No primeiro periodo o Culleredo
estivo moito mellor que os locais, anotando en case tódalas posesións e
defendendo moi forte. Chegaron a ter 8 puntos de vantaxe. Pola súa banda, os de
Arteixo non eran capaces de xogar cómodo, perdendo balóns debido á gran
actividade na defensa visitante. Ó remate do periodo, 17-20 para os de
Culleredo.
No segundo periodo as cousas
comezaron igual, pero pouco a pouco os locais foron achegándose e ó final do
periodo estaban dous puntos arriba (33-31).
No terceiro periodo, os de Culleredo
volven a xogar mellor que os de Arteixo e, aínda que con poucas diferenzas,
volven a poñerse por diante xa que dominaban o rebote e conseguiron anotar 3
triplas neste periodo, o que lles deu 3 puntos de vantaxe ó remate do periodo
(45-48).
No último periodo, os arteixáns
(igual que nos últimos partidos) apretaron en defensa e en ataque, aínda que ó
final se xogaron varias situacións sen moito xeito, souberon buscar boas
opcións. Os visitantes, aínda que tiveron algunha boa situación, non foron
capaces de aproveitalas e só foron capaces de sumar 2 puntos en todo o periodo,
chegándose ó final do partido coa máxima vantaxe local de 9 puntos (59-50).
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó Cenor Cluny o domingo 24 de febreiro ás 19:00 horas, esperando que
non se volva a repetir un partido como este.
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (2), Iván (3), Diego
(11), Álex (3); Guille Conchado (4), Guille Vilanova (4), Manu (3), Edu (10),
César (4), Rober Vilariño (3), Mindi (0), David (12)
Ad: Fran Lozano
C.B. Culleredo
Don (-), Prado (3), Subiela (9),
Calviño (4), Díaz (2), Vilariño (-), Liñares (6), Malpica (2), Goyanes (-),
Suárez (5), Montero (4), Somoza (15)
Ad: Luis Fraga
No hay comentarios:
Publicar un comentario