Esta fin de semana descansarán
os equipos infantil feminino, infantil masculino e junior xa que contan con xornada de
descanso na súa competición, no caso das infantís, reanudan a competición a
semana que vén coa segunda fase da liga. No caso dos junior, comezan
descansando na segunda fase da competición por ser un grupo de só 3 equipos. No
caso do infantil masculino, contan con xornada de descanso por ser un número
impar de equipos na competición.
Abre a xornada o C.B. Arteixo alevín mixto disputará o
seu partido ás 17:15 horas no Polideportivo de A Sardiñeira contra o Compañía
de María. Seguirán os nenos e nenas de Arkaitz buscando a súa primeira victoria
da tempada. Así mesmo, tratarán de continuar coa mellora no seu xogo que levan
dende o comezo do ano.
Comeza a xornada do
domingo o C.B. Arteixo cadete que recibirá
ó Salgado Montrove ás 10:00 horas no Pazo dos deportes de Arteixo. Buscarán os
xogadores de Jose comezar cunha victoria na segunda fase da liga, que se xoga
por ser o equipo clasificado na 9ª posición dos grupos A1 e A2 da zonal
coruñesa.
Xa pola tarde, ás
17:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo, o C.B. Arteixo senior de 4ª división visitará ó C.B. Ventorrillo. Partido
complicado para os xogadores de Germán, posto que se enfrontan a un dos equipos
punteiros da competición. Intentarase plantexar un bo partido para poder
conseguir a victoria.
O último partido da
xornada xogarao o C.B. Arteixo senior de
2ª división que visitará ó Cenor Cluny ás 19:00 horas no Pavillón do
Colexio Cluny de Santiago de Compostela. Buscarán os xogadores de Fran Lozano
continuar coa racha de victorias, xa que non coñecen a derrota dende a primeira
xornada de liga, que caeron ante o Obradoiro en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario