Partido disputado o sábado ás 12:00
horas na Polideportiva de Riazor 2 contra BCA 97, que foi a última xornada da
primeira fase da liga.
A priori presentábase un partido
fácil para os arteixáns. Comezaba o partido con superioridade visitante, e tras
4 minutos de alta intensidade defensiva por parte dos arteixáns, o marcador
sinalaba un 0-20, arrinconando ó equipo local no seu campo defensivo e sen ser
capaces de avanzar no xogo. Tras este bo inicio, os visitantes relaxáronse,
confianza da vantaxe conseguida, o que permitui ós locais anotar e manter eses
20 puntos en contra ata o final do primeiro periodo 6-26.
O segundo periodo comezaba bastante
mal para os dous equipos, as innumerables imprecisións de ámbolos dous equipos
nos pases e os erros baixo da canastra volvían o xogo bastante turbio e lento.
Froito desto, os locais saían beneficiados, anotando practicamente sós. Só un
bo final de periodo por parte dos visitantes aumentaba lixeiramente a vantaxe.
16-45 ó descanso.
Á saída dos vestiarios, os menos
habituais entraban a xogar con máis minutos, recompensando con gran xogo e unha
alta intensidade defensiva, permitindo soamente unha canastra en todo o
periodo. O marcador sinalaba un 18-72 ó final do terceiro periodo.
Co partido visto para sentencia, o
último periodo era un mero trámite para disfrutar do último partido desta fase,
rematando cun resultado final de 29-104.
A próxima semana comezará a segunda
fase da liga, o C.B. Arteixo estará encuadrado nun grupo de catro equipos
(Salgado Montrove, Los Rosales e BCA 97). Iniciará esta fase como local
recibindo ó Salgado Montrove o domingo 24 ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes
de Arteixo.
C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu,
Jonathan, Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván, Antón, Adrián
Ad: Jose Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario