Esta fin de semana
está marcada polo parón en tódalas ligas de categorías inferiores (agás ligas
galegas e partidos aprazados), polo que os equipos alevín mixto, infantil
feminino, cadete e junior non disputarán ningún partido
esta fin de semana.
Abre a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino que visitará
ó ADFRO o sábado ás 10:00 horas, no partido aprazado de hai dúas semanas. Os xogadores
de Edu, que segue con baixas, intentará sumar unha nova victoria. Preséntase un
partido igualado, xa que os da Coruña se levaron o partido da primeira volta
despois de remontar na segunda parte grazas ás súas defensas zonais e mixtas.
Na xornada do
domingo, o C.B. Arteixo senior de 4ª
división visitará ó Filloa Jazz ás 12:00 horas no Pavillón de Mesoiro. Tratarán
os xogadores de Germán de saír da última posición da clasificación nun duelo
directo entre os dous equipos que están empatados na última posición da
clasificación, se ben os arteixáns son últimos ó perder no partido da primeira
volta.
O último partido da
xornada xogarao o C.B. Arteixo senior de
2ª división que visitará ó Emparesa Narón o domingo ás 19:00 horas no Pavillón
de Santa Cecilia de Narón. Os xogadores de Fran Lozano tratarán de continuar
coa racha de victorias (que xa está en 12) e mellorar a imaxe mostrada no
último partido contra o Caferlo Viveiro onde a intensidade brillaba pola súa
ausencia durante boa parte do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario