jueves, 14 de febrero de 2013

Partidos para a fin de semana do 16 e 17 de febreiro


Esta fin de semana descansarán os equipos infantil feminino, junior e senior de 4ª división, xa que contan con xornada de descanso na súa competición.

Abre a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino que visitará ó Culleredo o sábado ás 16:00 horas no Polideportivo Municipal de O Burgo. Difícil partido para os xogadores de Edu, posto que se enfrontan ó segundo clasificado da liga con só unha derrota no seu haber.

O C.B. Arteixo alevín mixto disputará o seu partido ás 17:15 horas no Polideportivo de A Sardiñeira contra o Jesuitinas 02. Seguirán os nenos e nenas de Arkaitz buscando a súa primeira victoria da tempada. Así mesmo, tratarán de continuar coa mellora no seu xogo que levan dende o comezo do ano.

Comeza a xornada do domingo o C.B. Arteixo cadete que visitará ó BCA 98 B ás 10:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo. Tratarán os xogadores de Jose conseguir unha nova victoria na última xornada da primeira fase da liga e afianzarse na terceira plaza da clasificación.

O último partido da xornada xogarao o C.B. Arteixo senior de 2ª división que recibirá ó Culleredo o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Tratarán os xogadores de Fran Lozano continuar coa liña de resultados (só caeron derrotados na primeira xornada) e alonxar un pouco máis a un dos inmediatos perseguidores, deixándoo a 4 victorias a falta de 6 xornadas por disputar (no caso de gañar o domingo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario