Partido xogado no Polideportivo de A
Sardiñeira de A Coruña entre o C.B. Arteixo e o Jesuitinas 02 o sábado ás 17:15 horas.
Unha nova
derrota para o equipo Alevin mixto, aínda que se viron boas cousas durante
partes do partido, non foron suficientes para competir o resultado.
Comezaba
mal o partido para os de Arteixo, posto que no primeiro periodo non eran
capaces de antoar. Malos pases e demasiados botes facían que fose difícil
chegar á canastra e, cando se chegaba, o lanzamentos non eran a mellor opción.
Mellorou
no segundo periodo, no que se vía o aro con facilidade, se movía o balón con
poucos botes e se defendía con intelixencia. Todo esto facía que os arteixáns
se achegasen no marcador.
No terceiro
periodo volvíanse ós mesmos erros do primeiro, quedando de novo sen anotar os
arteixáns.
No cuarto
periodo, melloraba bastante a circulación do balón e a defensa, pero non tanto
o acerto de cara ó aro.
O quinto
periodo foi moi similiar ó primeiro e terceiro, quedando de novo sen anotar os
arteixáns. Melloraba algo o movemento do balón pero non era suficiente para
conseguir opcións de tiro claras.
O último
periodo volvía o acerto para os arteixáns pero non para reducir a vantaxe que
tiñan os xogadores de Jesuitinas. Chegouse o final do partido cun 23-60
favorable ós xogadores de Jesuitinas
C.B. Arteixo
Víctor, Laura, Simón, Aitana, Elías,
Raúl, Anais, Roi e Yago.
Ad: Arkaitz Collazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario