martes, 5 de febrero de 2013

Cadete: BCA 97 34-51 C.B. Arteixo


Partido disputado o sábado ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor 2 contra BCA 97.

Gran partido dos xogadores de Jose. Presentábase un partido igualado a priori, visto o resultado da primeira volta.

Comezaba o partido cunha defensa espectacular por parte dos arteixáns, que sería a tónica do partido e tamén cunha serie de imprecisións no ataque que lles facía perder moitos balóns en malos pases. Mesturando estes erros e acertos defensivos, finalizaba o periodo cun 6-7 a favor dos arteixáns.

No segundo periodo, a defensa vistitante mantivo o seu nivel de esixencia, o que provocaba perdas de balón locais e canastras fáciles ó contraataque para os de Arteixo. Pola súa banda, os locais facían valer o seu poderío interior chegándose ó descanso 19-26.

O descanso serviulles ós arteixáns para recapacitar sobre a importancia das liñas de pase no ataque que fosen froito das boas defensas realizadas, pero sería no xogo estático cando o movemento de balón faría crear boas situacións de lanzamento que acabarían en canastra. Grazas a esto, conseguíase aumentar a vantaxe ata os 9 puntos ó remate do terceiro periodo (30-39).

Quedaba todo visto para o último periodo, xusto cando BCA colocaba unha defensa zonal que atascaría os primeiros ataques dos arteixáns. Os arteixáns contestaban cunha zona 2-3, que anulaba as posibilidades ofensivas dos homes altos locais, rompendo o marcador dende o minuto 5, para chegar ó final do partido cun 34-51 no marcador.


A próxima semana o C.B. Arteixo terá xornada de descanso (non hai liga) pola festividade do Entroido, reanudando a competición o fin de semana do 16 e 17 de febreiro.


C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván, Antón, Adrián
Ad: Jose Ríos

No hay comentarios:

Publicar un comentario