Partido correspondente á xornada
número 12, disputado no Polideportivo Municipal de O Burgo contra o Culleredo,
o sábado 16 ás 16:00 horas.
Desprazamento complicado para o noso
infantil, dado que os de Culleredo ocupan a segunda posición na clasificación
con só unha derrota de diferenza co primeiro clasificado, o Carballo Basket Xiria.
Por fin puido Edu dispoñer de tódolos xogadores para un partido
Comezando o partido puidéronse
aprecias as intencións dos locais, aplicando unha defensa a toda pista moi
agresiva por momentos, obrigando ós arteixáns a estar máis atentos e precisos
na saída da presión. Finalizou o primeiro periodo cun 8-4 a favor dos locais.
No segundo periodo, apreciouse un
maior intencambio de canastras por ámbolos dous equipos, pero a falta de 2 minutos
para o descanso fíxose patente unha perda de concentración por parte dos
visitantes, que os locais non perdoaron anotando cinco canastras seguidas. A persares
desto, chegouse ó descanso cun 35-18 para os locais.
Na reanudación produciuse unha boa
reacción no cadro arteixán, cunha defensa un pouco máis activa e unha boa
elección nas accións ofensivas finalizou o terceiro periodo cun parcial de
10-10, para deixar un 45-28 no marcador.
Xusto no inicio do último periodo,
produciuse a lesión de Carlos Fondo, cunha torcedura de tobillo no pé dereito. Reanudado
partido, volveuse a facer patente a perda de concentración e a fatiga por parte
dos arteixáns, axudando así a que os locais conseguisen canastras con bastante
facilidade. Nos últimos minutos de partido, a mala sorte volveu chamar á porta
dos de Arteixo, xa que Ismael recaeu da súa lesión muscular producida fai un
mes. Esta lesión o volverá a ter fóra das pistas durante un tempo. O parcial do
último periodo foi de 21-12, deixando o marcador ó final do partido nun 66-40 a
favor dos de Culleredo
A próxima semana os arteixáns terán
xornada de descanso, volvendo á competición a fin de semana do 3 de marzo
contra Basquet Coruña.
C.B. Arteixo
Jose, Isma, Víctor, Carlos, Mario,
Jose Aimán, Hugo, Dani, Jacobo.
Ad: Edu Albitre
No hay comentarios:
Publicar un comentario