Partido disputado o domingo ás 10:00
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo entre o C.B. Arteixo e o ACB Costa da
Morte de Cee.
Presentábase un partido peculiar en
canto ás baixas que presentaban ámbolos dous equipos nas súas filas. Por parte
dos de Arteixo só puideron disputar o partido 6 dos 9 xogadores do equipo,
sendo 3 baixa por lesión. Por parte dos da Costa da Morte, o adestrador rival
só puido dispoñer de 5 xogadores.
Non se presentaba un partido moi
disputado, a priori, dado que os arteixáns lograron unha das súas victorias
máis contundentes no que vai de tempada ante este mesmo rival na primeira
volta.
Ó inicio do partido, xa se fixo
patente unha declaración de intencións por parte dos arteixáns, ó endosar un parcial
de 8-0 en menos de dous minutos, obrigando ó adestrador visitante a pedir un
tempo morto.
Na primeira metade do partido houbo
igualdade no marcador, chegando ó descanso 26-14 a favor dos arteixáns.
Foi á volta do descanso, e con
ámbolos dous equipos máis fatigados, fixo prevalecer a concentración e
intensidade posta polos de Arteixo, conseguindo un parcial de 17-4 durante o
terceiro periodo, que deixaba tocados ós de Cee cunha desvantaxe coa que non
parecía que tivesen moitas opcións de remontar. Rematou o terceiro periodo
38-18.
No último periodo foi ostensible e
notoria a fatiga por parte dos da Costa da Morte o que favoreceu que os
arteixáns endosasen un parcial de 14-4 durante este periodo e rematar o partido
co 57-22 final.
C.B. Arteixo
Jose, Carlos, Mario, Jose Aimán,
Hugo, Jacobo.
Lesionados Isma, Víctor e Dani.
Ad: Edu Albitre
No hay comentarios:
Publicar un comentario