jueves, 10 de enero de 2013

Volta á competición para os equipos do club. Partidos para o 12 e 13 de xaneiro


Esta fin de semana volve a competición para tódolos equipos do C.B. Arteixo despois do parón de Nadal, onde os únicos equipos que estiveron activos foron o infantil masculino, o cadete e o junior. Participaron no Torneo de Nadal de Maristas, conseguindo a victoria no caso do infantil masculino, e o cuarto posto tanto o cadete como o junior.

Abrirá a xornada do sábado o C.B. Arteixo infantil masculino visitando ó Carballo Basket Xiria ás 10:00 horas no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Difícil papeleta para os rapaces de Edu, que se enfrontan ó líder invicto da liga no seu campo.

Tamén na mañá do sábado e á mesma hora (10:00 horas), o C.B. Arteixo senior de 4ª división tamén rendirá visita ó líder da categoría, o Fundación Tarrío. O partido disputarase no Pavillón do CEIP Tarrío. Tratarán os xogadores de Germán na mesma liña dos últimos partidos para poder disputar o partido e conseguir levar a victoria para Arteixo.

O terceiro partido da mañá do sábado disputarao o C.B. Arteixo alevín mixto. Xogará no Pavillón Municipal de A Sardiñeira de A Coruña ás 12:30 horas contra Esclavas. Intentarán os nenos e nenas de Arkaitz seguir coa mellora dende o principio de tempada para disputar o partido o máximo posible e poder levarse unha victoria.

Xa na tarde do sábado, o C.B. Arteixo senior de 2ª división visitará ó Novacaixagalicia Instituto Rosalía de Santiago. O partido disputarase ás 16:00 horas no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Partido que pon fin á primeira volta da liga, onde os xogadores de Fran intentarán conseguir a décima victoria consecutiva para afianzarse no liderato da competición, xa que é o único equipo que só ten unha derrota no seu casilleiro.

Xa o domingo xogará o seu partido o C.B. Arteixo infantil feminino contra Basket Coruña Maristas ás 10:00 horas no Pavillón de Elviña 1 de A Coruña. As nenas de Andrea tratarán de conseguir a segunda victoria da tempada e seguir mellorando pouco a pouco o seu nivel de xogo como veñen facendo nos últimos meses.

Tamén ás 10:00 horas pero no Pazo dos Deportes de Arteixo, o C.B. Arteixo cadete recibirá ó Santo Domingo de Betanzos, líder invicto da competición. Os xogadores de Jose tratarán de realizar un partido serio para tratar de poñer as máximas trabas posibles ós xogadores de Javier Codesido e poder deixar a victoria en Arteixo.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo junior, que visitará ó C.B. Cambre ás 12:00 horas no Pavillón Municipal Sofía Toro Prieto-Puga de Cambre. Tratarán os xogadores de Germán de conseguir a segunda victoria da tempada e así comezar con bo pé o 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario