Nesta fin de semana,
o C.B. Arteixo infantil masculino
recibirá ó BCA 2000 no partido aprazado da pasada semana por non dispoñer os
arteixáns de suficientes xogadores para afrontar o partido. Os xogadores de Edu
buscarán seguir mellorando no seu xogo, así como a súa segunda victoria da
tempada ante un equipo empatado a victorias na clasificación. O partido
xogarase ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
Dende o club
queremos agradecer a BCA a dispoñibilidade e as facilidades para a modificación
do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario