miércoles, 16 de enero de 2013

Alevín mixto: Esclavas 50-24 C.B. Arteixo


Partido xogado no Polideportivo de A Sardiñeira o sábado ás 12:30 horas entre o Esclavas e o C.B. Arteixo.

Unha nova derrota para o equipo Alevin mixto, pero con melloras de cara ó futuro do equipo.

Comezaron ben os rapaces e rapazas de Arkaitz, conseguindo anotar e superando ós xogadores contrarios. Pero despois do segundo periodo, os xogadores de Esclavas apretaron máis na defensa e, acompañados por despistes defensivos dos arteixáns, conseguían anotar con facilidade remontando e collendo vantaxe no marcador.

Pouco a pouco os de Esclavas ían aumentando a súa vantaxe, ante o que os nenos e nenas de Arkaitz non conseguían paliar dende a defensa.

Ó final do partido, 50-24 para os de Esclavas, pero cunha mellora constante nos nenos e nenas de Arkaitz segundo van pasando os meses de tempada.

C.B. Arteixo
María, Raúl, Aitana, Elías, Víctor, Yago, Khaoula, Roi, Manu, Anais, María, Laura e Simón.
Ad: Arkaitz Collazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario