Visitaba o C.B. Arteixo ó Ferrol C.B.
o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de A Malata de Ferrol.
Chegaba o equipo a Ferrol coas
baixas de Pavo, Germán e David, pero coa axuda dos junior Manu e Fabián.
Destacar que só se designou por parte da federación un só árbitro para o
partido, sendo correcta a súa labor durante todo o partido.
Comezaba o partido cos dous equipos
moi pouco acertados, sendo os arteixáns os que “mandaban” no marcador. Esto se
reflexaba no marcador ó final do primeiro periodo, que indicaba un 7-8 para os
de Germán.
No segundo periodo, continuaba a
igualdade no marcador, sendo os arteixáns os que ían por diante no marcador,
pero nunca vantaxes superiores ós 2 puntos. Unha canastra de Juan ó
contraataque deixaba o marcador nun 17-19 ó descanso a favor dos arteixáns.
Á volta do descanso, apareceu a
figura de Jose María Moreno, que con 14 puntos case consecutivos (unha canastra
de García de por medio) poñía ós ferroláns con vantaxes de 3-5 puntos durante
case toda a segunda parte. Tiveron varias opcións os arteixáns de empatar o
partido tendo posesión e estando 3 puntos abaixo, pero o desacerto de cara ó
aro xeneralizado en todo o partido e as perdas de balón en momentos críticos de
partido, fixeron que a victoria se quedase en Ferrol. O marcador final, 39-32.
A próxima xornada, o C.B. Arteixo
recibirá ó C.B. Montrove o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de
Arteixo.
Ferrol C.B.
Morate (2), Moreno (14), García (9),
Fernández (4), Pardo (6), Villadoniga (2), Cortizas (0), Casanova (0), González
(0), López (2), Sánchez (0), Soler (0)
Ad: Luis Barbeito
C.B. Arteixo
Cotelo (2), Juan (4), Manu (2),
Fabián (1), Víctor (6), Arkaitz (0), Dylan (0), Adrián (1); Héctor (4), Pablo
(7), Dany (5)
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario