martes, 29 de enero de 2013

Junior: Norinver Narón 70-40 C.B. Arteixo


Visitaban os arteixáns o Colexio Santiago Apóstol de Narón para xogar contra o Norinver Narón, líder do grupo con só unha derrota. O partido daba comezo ás 18:00 horas do sábado.

Saíron os arteixáns serios na defensa e desacertados no ataque, pero varios despistes defensivos propiciaron dúas triplas e varias canastras sós debaixo do aro por parte dos de Narón, o que fixo que ó final do primeiro periodo o resultado fose 19-7.

No segundo periodo continuaba o traballo serio na defensa arteixán, facendo que os locais tivesen que traballar en cada ataque para lograr anotar. No ataque comezaban os arteixáns a ver máis aro, pero non o suficiente para reducir distancias. Fallaba o rebote defensivo dos visitantes, polo que a vantaxe aumentou ó chegar ó descanso, no que o marcador sinalaba un 34-17.

Á volta do descanso apareceu a mellor versión dos arteixáns, conseguindo boas opcións de lanzamento no ataque e con moito acerto. Na defensa seguía o traballo, pero o cansancio comezaba a notarse nos arteixáns, xa que o ritmo de partido era moi alto. Chegouse ó final do terceiro periodo 54-34.

No úlitmo periodo, o esforzo dos tres periodos anteriores fixo mella nos arteixáns que sufriron para superar a presión dos locais, e se a superaban, non eran capaces de anotar con facilidade, chegándose ó final do partido co 70-40 final.

A próxima semana, o C.B. Arteixo recibirá a visita do Tirso de Molina no último partido dos arteixáns nesta fase da liga posto que na última xornada descansan por ser impares os equipos do grupo.

Norinver Narón
Pita (4), Fernández (13), J Pena (4), S Pena (0), López (16), Balsa (2), Rey (22), Gude (3), Castro (5), Rodríguez (0), Díaz (1)
Ad: Juan Pérez

C.B. Arteixo
Darío (7); Edu (9), Eloy (0); Nico (0); Manu (8); Damián (0), Diego (0); Adrián (0), Jacobo (6); Fabián (10)
Ad: Germán Lozano


No hay comentarios:

Publicar un comentario