Partido xogado contra o domingo
contra ADFRO no Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 19:00 horas.
Primeira victoria de 2013 e primeira
victoria como local para o equipo dirixido por Germán ante un ADFRO mermado
polas baixas, e que na metade do primeiro periodo perdía por lesión a Castro.
O partido comezou mal para os de
Arteixo, floxos en defensa e no balance defensivo, o que permitía ós visitantes
coller as primeiras vantaxes no marcador, chegándose ó final do primeiro
periodo cun 8-13 no marcador.
No segundo periodo seguía a mesma
tónica que no primeiro. Mal balance defensivo e desacerto no ataque. Un cambio
defensivo a individual a toda pista, cambiou a intensidade dos locais o que
sumado a dúas triplas de David, unha sobre a bocina de final de periodo, fixo
que os xogadores de Germán reducisen as diferenzas que estaban preto dos 10
puntos ata 5. 22-27 ó descanso.
Despois do descanso aumentou a
intensidade defensiva local, o que propiciou que o periodo fose igualado xa que
se permitían moitos rebotes ofensivos ós visitantes, que seguían realizando o
xogo que lles conviña para manterse por diante no marcador. Unha nova tripla
sobre a bocina do periodo, esta vez de Héctor, deixaba o marcador en 4 puntos
de diferenza e todo por decidir no último periodo. 38-42.
No último periodo deu froito a
defensa presionante local, deixando en 8 puntos ós visitantes con só unha
canastra en xogo. A esto hai que unirlle a mellora no rebote defensivo, a
selección de tiro en ataque e o acerto nos tiros libres nos últimos 3 minutos
para certificar a victoria. Ó final, 61-50 para os xogadores de Germán nun
partido bonito e intenso por parte dos dous equipos.
Lamentar a lesión no primeiro
periodo de Castro, ó que lle desexamos unha pronta recuperación.
A próxima semana, o C.B. Arteixo
visitará ó Ferrol C.B. na procura dunha nova victoria ante un rival complicado,
xa que conta con xogadores con moitos anos de baloncesto ás súas costas.
C.B. Arteixo
Germán (2), Cotelo (6), Juan (10), Pavo
(3), Víctor (3), David (11), Arkaitz (9), Dylan (2), Adrián (7), Héctor (3),
Pablo (0), Dany (5)
Ad: Germán Lozano
ADFRO
Fernández (11). Castro (12),
Iglesias (4), Soto (0), Sánchez (9), Navas (8), Palomares (6)
Ad: Alex Taboada
No hay comentarios:
Publicar un comentario