martes, 22 de enero de 2013

Junior: C.B. Arteixo 54-55 BCA 96


Recibía o equipo junior ó BCA 96. O partido daba comezo o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Presentábase un partido igualado, despois do visto na primeira volta e non defraudou. Chegaban os visitantes con baixas, o que lles facía disputar o partido con só 5 efectivos.

Comezaba o partido moi igualado, os arteixáns atacando a zonal visitante e os visitantes superando en 1x1 ós locais. Ó final do periodo, 14-13 a favor dos xogadores de Germán.

No segundo periodo, os arteixáns atascáronse contra a zona. Non eran capaces de crear situacións como no primeiro periodo e seguían sendo superados no 1x1 polos visitantes. Dúas triplas seguidas de Damián deron aire ós locais, facendo que os visitantes non se poidesen escapar por máis de 10 puntos no marcador. Ó descanso 28-35.

No terceiro periodo reinaron as imprecisións por parte dos dous equipos. Perdas de balón, erros no pase, tiros sós errados,… Pouco hai que dicir sobre este periodo, que rematou cun 35-44 para os visitantes.

No último periodo, apareceu a reacción local, cunha boa defensa a toda pista e cedendo poucos rebotes na defensa limaron as diferenzas no marcador pouco a pouco. Nos últimos instantes, unha tripla de Darío deixaba a diferenza nun punto. 54-55. O saque de fondo dos visitantes foi moi longo e o balón saiu pola liña de fondo arteixán sen que ninguén o tocase, polo que os arteixáns sacaban de fondo en ataque con 2 segundos no marcador. Non foron capaces os arteixáns de anotar, polo que a victoria marchaba para A Coruña. 54-55 quedaba o marcador ó final do partido.


A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Norinver Narón en horario e lugar por confirmar.

C.B. Arteixo
Darío (3); Edu (2); Eloy (0);Nico (7); Manu (7); Damián (8); Diego (0); Adrián (2); Jacobo (4); Fabián (21);
Ad: Germán Lozano


BCA 96
Fernández (0), Pardo (12), Crespo (5), Longueira (8), Fraga (30)

No hay comentarios:

Publicar un comentario