Partido xogado contra o Obradoiro
CAB no Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 12:00 horas.
Nova victoria, décima consecutiva,
nun partido moi complicado para os xogadores de Fran Lozano.
Comezou a segunda volta da liga
cunha nova victoria para os xogadores de FRan Lozano, esta vez diante do
Obradoiro CAB, o único equipo que foi quen de vencer ós arteixáns na liga. O
resultado indica a igualdade do partido, sobre todo na segunda metade.
O partido comezou fatal para os
locais. O equipo estaba descoñecido, practicamente nulo en ataque e moi
permisivo na defensa, xogando cómodos os visitantes, dominando o rebote e o
marcador. Con este panorama, ós 6 minutos de xogo o marcador era 2-14, o que
indica a pasividade local no comezo do partido. Nos seguintes minutos do
periodo, houbo unha lixeira mellora no ataque pero sen ser capaces de defender
medianamente ben. (10-22)
O partido cambiou claramente no
segundo periodo. Os arteixáns comezaron a defender, o aumento da intensidade
foi moi evidente e os visitantes xa non xogaban tan cómodos. O marcador
comezaba a igualarse pouco a pouco grazas ó traballo defensivo local. Puido ser
mellor, pero os locais non estaban acertados de cara ó aro, tanto en contraataques
como nos tiros libres. Ó descanso, recuperábase a desvantaxe no marcador para
ir ós vestiarios 1 abaixo (31-32)
Na segunda metade xa non houbo os
tiróns da primeira e todo foi máis igualado. Os locais poñíanse por diante pero
os santiagueses reaccionaron sempre e volveron a poñerse por diante, chegando ó
final do terceiro periodo con dous puntos de vantaxe no marcador, 49-51.
No último periodo, máis igualdade,
pero neste caso foron os arteixáns os que colleron vantaxe no marcador que a
mantiveron. Cando faltaban 2 minutos para rematar o partido, os locais tiñan
unha renda de 7 puntos que parecían definitivos, pero os santiagueses non se
renderon e varias perdas de balón dos locais provocadas por boas defensas
visitantes e algunha que outra precipitación no ataque local, provocaron un
parcial de 0-6 que poñía a diferenza no marcador nun punto. Ó final, 67-65 para
os nosos, nun partido moi sufrido que os segue deixando na cima da
clasificación.
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará no derby da categoría ó Carballo Basket Xiria o sábado 26 de xaneiro
ás 18:00 horas no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.
C.B. Arteixo
Rober (4), Álex (6); Guille Conchado
(8), Guille Vilanova (3), Manu (8), Edu (6), César (8), Rober (7), Mindi (4),
David (13)
Ad: Fran Lozano
Obradoiro C.A.B.
Estévez (9), Seoane (6), Ramos (0),
Gómez (0), Rodríguez (0), Sánchez (9), Zugasit (2), Vázquez (23), Reigosa (2),
Martínez (9), Turkovic (5)
Ad:
No hay comentarios:
Publicar un comentario