Nesta xornada, o C.B. Arteixo alevín mixto terá xornada
de descanso debido a que no calendario hai un número de equipos impares.
Tamén o C.B. Arteixo infantil masculino xa que
aprazou para o sábado 9 de Febreiro o partido ás 12:00 horas o partido no que
teñen que visitar ó ADFRO.
O equipo que abrirá
a xornada será o C.B. Arteixo junior
que visitará ó Norinver Narón o sábado ás 18:00 horas no Colexio Santiago
Apóstol de Narón. Partido difícil para os xogadores de Germán, que intentarán
seguir coa mellora dos últimos partidos ante o líder do grupo, que ven de
derrotar ó Tirso de Molina no seu campo.
Tamén ás 18:00
horas do sábado, pero no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, o C.B. Arteixo senior de 2ª división
visitará ó Carballo Basket Xiria no derby da zona. Os xogadores de Fran Lozano
tratarán de seguir coa racha de victorias ante un sempre difícil rival que se
atopa na quinta plaza da clasificación.
Xa na xornada do
domingo, o C.B. Arteixo cadete
recibirá ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó ACB Costa da Morte de
Cee. Tratarán os xogadores de Jose seguir coa racha de bo xogo e seguir
aumentando victorias no seu casilleiro ante un rival que o puxo moi difícil a
victoria durante tres cuartos no partido de ida.
Tamén o domingo,
pero ás 12:00 horas no Pavillón de A Malata de Ferrol, o C.B. Arteixo senior de 4ª división rendirá visita ó Ferrol C.B.,
equipo veterano que conta nas súas filas con Jose María Moreno, ex xogador ACB.
Os xogadores de Germán tratarán de continuar na mellora do xogo experimentada
dende principio de tempada e conseguir a segunda victoria consecutiva para saír
do último lugar da clasificación.
Pecha a xornada do
domingo o C.B. Arteixo infantil feminino
que disputará o seu partido contra o C.B. Artai ás 12:00 horas no Polideportivo
de Elviña 1 de A Coruña. Tratarán as nenas de Andrea de seguir evolucionando e
poder conseguir a súa segunda victoria da tempada..
No hay comentarios:
Publicar un comentario