martes, 29 de enero de 2013

Cadete: C.B. Arteixo 71-36 ACB Costa da Morte


Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó ACB Costa da Morte.

Presentábase un partido axustado, debido ó ocorrido no partido da primeira volta, no que os arteixáns só foron capaces de despegarse no marcador no último periodo para gañar por 15 puntos de diferencia.

Así comezaba o primeiro periodo, igualado, con moitas imprecisións dos xogadores de Jose, que deixaban correr ós da Costa da Morte a placer, deixándolles moi fácil a consecución de canastras. Remataba o primeiro periodo 16-16.

O segundo periodo, foi moi similar ó primeiro, pero 2 minutos de intensidade defensiva local, daban as primeiras vantaxes ós arteixáns, que se poñían 11 arriba ó descanso (35-24).

Á volta dos vestiarios, os locais concienciáronse ben da situación do partido. Os visitantes pecháronse nunha zona e os locais conseguían anotar lanzamentos continuamente, abrindo máis a diferenza no marcador e anulando a subida do balón visitante cunha presión intensa. Chegábase ó final do terceiro periodo cun 53-30 no marcador.

No último periodo, continuou o bo traballo defensivo dos locais, aproveitando os ocos na defensa visitante para continuar anotando e ampliando a vantaxe. Chegouse ó final do partido cun 71-36 no marcador.


C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Juanlu; Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Antón.
Ad: Jose Ríos

No hay comentarios:

Publicar un comentario