Partido disputado no Pazo dos
Deportes de Arteixo o domingo ás 10:00 horas contra o C.B. Artai. A priori o
partido presentábase moi desigualado, xa que no partido de ida os de Carballo
gañaron por 20 puntos de diferenza ós arteixáns. Anque nesta segunda volta os
da casa, xa con bastante máis rodaxe e sumando o factor cancha, intentaron non
deixar escapar a victoria ante este duro rival.
Ó comezo do partido, os arteixáns
notaron as ausencias de Víctor e Carlos, ámbolos dous por lesión, xa que ós 3
minutos de xogo tivo que pedirse o primeiro tempo morto local debido á falta de
concentración e á baixa intensidade defensiva que provocaron unha abultada
diferenza no marcador. Despois deste tempo, disminuise a diferenza no marcador,
pero aínda así presentábase complicada a remontada.
Xa iniciado o segundo periodo,
grazas a unha boa actitude defensiva e un gran acerto nas accións ofensivas
chegouse ó descanso do partido con tan só 4 puntos de diferencia a favor dos
visitantes.
Na reanudación do partido volveuse a
dar un cuarto desastroso por parte local, e non porque se insistise outra vez
na concentración e na intensidade no xogo, provocando esto aínda máis
frustración no cadro local.
Nos primieros minutos do último
periodo, parecía haber unha pequena reacción nos de Arteixo, intentando reducir
a diferenza no marcador, pero xa resultou tarefa imposible, finalizando o
partido cun tanteo de 41-54 para o C.B. Artai.
A pesares da derrota, quedámonos con
boas sensacións xa que foi palpable e ostensible a mellora no xogo dos
arteixáns. Debido ás baixas e ós poucos efectivos cos que contaba o adestrador
local, cabe destacar tamén o esforzo físico realizado pola súa parte.
C.B. Arteixo
José, Hugo, Dani, Jacobo, Ismael,
Mario, José Aiman.
Ad: Edu Albitre
No hay comentarios:
Publicar un comentario