martes, 22 de enero de 2013

Infantil feminino: Cía de María 47-28 C.B. Arteixo


Partido que se xogou o domingo ás 11:15 horas no Pavillón Elviña I de A Coruña, que enfrontaba ó Compañía de María e ó C.B. Arteixo.

Xornada complicada para o infantil feminino. Nova ausencia de Miriam, pero contaron coa axuda de Aitana, subindo de categoría.

Foi un partido moi difícil para as nenas de Andrea. Saíron con ganas de gañar o partido, pero a realidade era outra. Tras moitos erros en defensa, deixando soa a unha das xogadoras máis relevantes do equipo, o rival ía separándose máis e máis no marcador. Deixando como primeiro parcial do partido un 18-8 , a favor dos locais.

Nos seguintes cuartos, as xogadoras do C.B. Arteixo fallaron na maioría dos tiros a canastra, facilitándolle enormemente os rebotes ás rivais. Seguindo cunha defensa mínima, as xogadoras locais aproveitaron calquera erro para meter canastras dende debaixo do aro, convertendo a maioría delas.

Remata o partido co último parcial máis ou menos igualado 8-4 , deixando o resultado final en 47 – 28.

Será na próxima xornada onde as infantís farán un gran esforzo para intentar gañar.


C.B. Arteixo
Aitana (4); Victoria(2); Angélica (2); Noelia (6); Sonia (6); Laura (8)
Ad: Andrea Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario