miércoles, 16 de enero de 2013

Infantil feminino: C.B. Arteixo 26-37 BCA Maristas B


Partido que se xogou o domingo 13 nas instalacións de Elviña I ás 10:00 horas entre o C.B. Arteixo e o BCA Maristas B.

Nesta xornada, Andrea contaba con seis nenas, unha delas alevín, Aitana, para poder realizar algún cambio e dar descanso ás súas xogadoras durante o partido ante a ausencia de Miriam.

Comezaron o primeiro cuarto Angélica, Noelia, Sonia, Laura e Victoria. Cuarto moi igualado, gañando o primeiro parcial o equipo rival (6 – 7). Con anotacións fáciles debaixo de canasta e entradas con bo acerto.

Xa no segundo cuarto comezaron a notarse as diferenzas entre un equipo e outro, as xogadoras do C.B. Arteixo puxéronlle ganas, pero non foron suficientes para parar ás rivais, que buscaban e conseguían anotar facilmente dende debaixo do aro, grazas aos rebotes ofensivos que conseguían. Aínda así, os pases interiores cara Sonia axudaron moito as xogadoras locais. (4 – 10)

Despois do descanso, dando comezo ó terceiro cuarto, saíron moi animadas e con moitas ganas as xogadoras de Andrea, conseguindo así gañar o parcial (8 – 4) axudándose de cortes e contraataques fáciles.

Foi nos últimos 10 minutos onde se notou o cansancio das locais, que con só unha xogadora no banquillo, tiveron que facer un último esforzo intentando que as rivais non se lles fosen moito no marcador. Víronse erros na defensa e en tiros curtos ó aro, con rebotes que resultaban complicados. (8-16)

Seguen con moitas ganas e cada xornada máis motivadas as xogadoras do C.B. Arteixo, sen ver tan lonxe unha nova vitoria para o equipo.

C.B. Arteixo
Aitana ; Victoria (2); Angélica (4); Noelia (2); Sonia (10); Laura (8)
Ad.: Andrea Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario