Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás
10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó Santo Domingo de Betanzos, líder
invicto e favorito para levarse o título de liga, que xa vencera no partido de
ida por máis de 60 puntos de diferencia.
O partido presentábase complicado
para os arteixáns, e así quedaba demostrado nun primeiro periodo no que os
betanceiros facían valer o seu podería físico con rápidos contraataques que os
locais non conseguían neutralizar. Esto unido á falta de acerto en ataque,
facía que as diferenzas se fosen case a 20 puntos (9-28).
O segundo periodo non foi moito
mellor e o tanteo só foi mellor que o primieri debido ós erros en ataque do
equipo visitante (20-49)
Á volta do descanso chegou o mellor
periodo dos arteixáns, cun cambio a defensa zonal que buscaba neutralizar a
cantidade de canastras interiores dos homes altos do Santo. Conseguían
neutralizar esa fonte de anotación visitante, pero non conseguían que a vantaxe
disminuise (32-65).
No último periodo, apretaron na
defensa os xogadores visitantes para poñer máis terra de por medio no marcador
grazas a unha defensa a toda pista que facía que os arteixáns só puidesen
anotar 4 puntos neste periodo, deixando o marcador nun 36-85 final.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Adrián; Antón.
Ad: Jose Ríos
Santo Domingo Betanzos
Ángel, Antón, Pedro Vidal, Dani Martín,
Pedro Raíces, Mateo, Nicolás, Sergio.
Ad: Javier Codesido
No hay comentarios:
Publicar un comentario