Visitaba o C.B. Arteixo ó C.B.
Laracha no clásico derby dos últimos anos da competición. O partido xogouse no
IES Agra de Leborís ás 20:00 horas do sábado.
Presentábase un derby desigual
debido ás diferentes posicións que ocupan os equipos na táboa, pero un derby
sempre é un derby.
Saíron os locais moi enchufados de
actitude no partido, cousa que os visitantes non fixeron. Aínda con eso, a
diferenza a favor dos locais non era moita debido ó pésimo acerto de cara ó aro
por parte dos dous equipos. (9-4)
No segundo periodo os xogadores de
Jaime Martínez conseguían ter mellores posicións de tiro, pero seguían sen ter
o habitual acerto de cara ó aro, de feito só conseguiron unha tripla en toda a
primeira metada. Por parte dos xogadores de Germán, seguían os nervios e a mala
toma de decisións no ataque. Menos mal que o compensaban co traballo en defensa
e no rebote. Chegouse ó descanso con vantaxe de 10 puntos para os locais
(22-12).
Cambiou a actitude dos arteixáns
despois do descanso, saíron máis agresivos na defensa e no ataque conseguían
anotar as boas situacións de xogo traballadas. Conseguiuse reducir a desvantaxe
mediado o periodo, pero un arreón local xunto con varios ataques sen anotar
fixo que a vantaxe seguise rondando os 10 puntos (34-26)
No último periodo seguiu a tónica do
terceiro, os arteixáns apretando en defensa e en ataque, reducindo a distancia
por debaixo dos 6 puntos, mentres que os locais ían aguantando e racionando a
vantaxe que tiñan dende o descanso. A falta de 2 minutos, unha falta
antideportiva a favor dos locais deulles tiros libres e posesión para volver a
diferenza ós 10 puntos e aegurar que a victoria se quedase na casa. (52-40)
Gran partido de sana rivalidade
entre os dous equipos. Agora chega o parón de Nadal, polo que a liga volverá
para o C.B. Arteixo o sábado 12 de xaneiro ás 10:00 horas no Pavillón de Tarrio
contra o Fundación Tarrío, no partido que dará comezo á segunda volta da liga.
C.B. Arteixo
Germán (0), Cotelo (7), Juan (4),
Pavo (11), Víctor (2), Arkaitz (4), Dylan (3), Adrián (1); Yassir (2), Héctor
(2), Pablo (4), Dany (0)
Ad: Germán Lozano
C.B. Laracha
Abel (2), Jota (14), Chapi (12),
Carlos (4), Cotelo (0), Lucas (3), Brais (12), Eloy (2), André (3)
Ad: Jaime Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario