martes, 18 de diciembre de 2012

Junior: C.B. Arteixo 40 - 48 Maristas Coruña


Recibía o equipo junior ó Maristas Coruña o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. O obxectivo do partido era volver á senda do bo xogo despois de varias semanas malas, e se se podía, levarse a victoria no partido.

Comezou o partido cos xogadores de Germán despistados na defensa e sen pelexar moito o rebote, o que lle permitía ós visitantes anotar con facilidade en contraataque. Rematou o periodo 7-14.

No segundo periodo, cambiou a cara dos arteixáns. Apretaron na defensa e estiveron máis acertados de cara ó aro, e sobre todo, pecharon o rebote para non conceder demasiadas oportunidades de anotar ós visitantes. Chegouse ó descanso cun 18-20 no marcador.

Á volta do descanso, os arteixáns non saíron todo o concentrados que deberían, o que aproveitaron os visitantes para coller vantaxes próximas ós 10 puntos. Remontaron e rebaixaron a desvantaxe os locais, pero varias malas decisións no ataque volveron a diferenza ós 9 puntos ó rematar o periodo (28-37)

No último perido, os locais trataron por tódolos medios de reducir a desvantaxe, pero cando conseguían achegarse, as malas decisións no ataque con perdas de balón ou con tiros mal seleccionados non permitiron que a victoria quedase en Arteixo. Finalizou o partido 40-48 a favor dos colexiais.


Parón de Nadal para os xogadores de Germán, que lles servirá para seguir traballando e mellorando pouco a pouco. Destacar tamén, que á volta do Nadal volverá Damián ós adestramentos despois de dous meses de baixa.

A competición reanudarase para o C.B. Arteixo a fin de semana do 12 e 13 de xaneiro visitando ó C.B. Cambre en horario aínda por coñecer.


C.B. Arteixo
Edu (8); Eloy (0); Nico (0); Dani (12); Manu (8); Diego (0); Adrián (0); Jacobo (0); Fabián (12); Richi (0)
Ad: Germán Lozano


Maristas Coruña
López (0), Suárez (0), Escariz (4), Martínez (9), Toca (11), Carreira (2), A Martínez (7), Lago (4), Sández (1), Corrego (10)
Ad: Roi Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario