Recibía o C.B. Arteixo ó C.B.A. nun
partido que decidía o liderato do grupo ó rematar a primeira volta da liga a
próxima xornada. Chegaban os dous equipos cunha soa derrota no seu casilleiro,
polo que se presentaba un partido moi igualado. O partido deu comezo o domingo
ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
O partido comezou bastante ben para
os locais, que acadaban unha vantaxe de 7 puntos, que se quedaron en 6 ó final
do periodo (15-9).
No segundo periodo o marcador
moveuse moi pouco a pouco debido ós erros no tiro e ás perdas de balón (sobre
todo nos locais). Ó descanso chegouse cun 22-20 para os arteixáns e coa
sensación de que o partido estaría igualado ata o final.
A segunda metade comezaba igual, os
arteixáns por diante no marcador, pero con vantaxes mínimas sen poder romper o
partido (38-33).
No último periodo, os visitantes
colocan unha zona 2-3 que atasca ós locais no ataque pero que os visitantes non
poden aproveitar grazas á boa defensa local. Chegouse ós dous últimos minutos
con 4 puntos de vantaxe para os locais, pero dúas boas defensas e o acerto nos
tiros libres dan a victoria e o liderato ós arteixáns despois deste duro e
intenso partido. Ó final o marcador reflexaba un 52-46.
Agora veñen as vacacións de Nadal,
que parará a liga ata o 12 de xaneiro no que os C.B. Arteixo visitará ó Rosalía
de Castro de Santiago ás 16:00 horas no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro
de Santiago. Partido que dará fin á primeira volta da liga.
C.B. Arteixo
Rober Garnelo (0); Iván (3); Diego (13);
Álex (9); Guille Conchado (5); Guille Vilanova (-); Manu (6), Edu (5); César (2);
Rober Vilariño (2); Mindi (0); David (7).
Ad: Fran Lozano
C.B.A
C López (-), Vázquez (10), Campos
(0), Cabanas (2), Pernas (5), I Suárez (0), G
Suárez (0), J Suárez (22), Marcos
(-), I López (7), Alfaya (-)
Ad: Ramón García
No hay comentarios:
Publicar un comentario