Partido xogado contra o C.B. Cambre no
Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 19:00 horas.
Presentábanse tódolos xogadores de
Germán dispoñibles e con boa moral despois do bo partido disputado o xoves. O partido
comezou cos arteixáns en boa forma, endosando un parcial de 10-4 nos primeiros
3 minutos de xogo. A partir de aí, deixaron de xogar con cabeza, sen meter
balóns interiores e frouxeando na defensa pouco a pouco e permitindo numerosos
rebotes de ataque ós cambreses (tónica xeral durante todo o partido), o que
levou a que o periodo rematase cun 12-24 a favor dos xogadores de Diego
Fernández.
No segundo periodo, volveron os
arteixáns a apretar na defensa e a xogar con sentido, reducindo a vantaxe
cambresa por debaixo dos 10 puntos, pero as faltas concedendo tiros libres e o
renacer dos visitantes, fixeron que a vantaxe fose aumentando de novo ata
chegar á máxima xusto ó descanso (23-40).
Despois do descanso saíron
despistados os locais, propiciando un novo despegue dos visitantes por riba dos
20 puntos. Mediado o periodo, reaccionaron os xogadores de Germán para reducir
pouco a pouco a diferenza e chegar ó último periodo con opcións de pelexar o
partido. Mellorou a circulación do balón e a porcentaxe de tiro, así como o
nivel defensivo. Finalizou o periodo 37-49.
No último periodo, os arteixáns
intentaron darlle a volta ó marcador, pero non foron capaces froito do seu
desacerto de cara ó aro e a certos despistes na defensa que propiciaron
canastras fáciles para os de Diego. Finalizou o partido 46-59.
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó C.B. Laracha no derby que se está convertindo nun clásico nas
últimas 5 tempadas. Presumiblemente o partido será o sábado ás 20:00 horas no
IES Agra de Leborís de A Laracha.
C.B. Arteixo
Germán (0), Cotelo (2), Juan (13), Pavo
(5), Víctor (6), Arkaitz (4), Dylan (5), Adrián (2), Yassir (2), Héctor (2), Pablo
(2), Dany (3)
Ad: Germán Lozano
C.B. Cambre
Prieto (0), Loureiro (0), Fio (12),
Cabado (0), Calatrava (13), Maroño (12), Blanco (0), Torres (6), Carral (-),
París (16), Soto (0), Casteleiro (-)
Ad: Diego Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario