Partido xogado contra o Dinamo CBAJ
Culleredo no Pazo dos Deportes de Arteixo, o xoves ás 19:00 horas.
Nesta ocasión á baixa case
definitiva de Diego por lesión, sumóuselle a de Héctor por gripe. Foi da
partida Manuel, do equipo junior.
Presentábase o C.B. Arteixo con
ganas de resarcirse dos malos inicios dos últimos partidos ante un rival que se
asemellaba complicado. O inicio local foi en tromba, endosando un parcial ós
visitantes grazas á súa defensa a toda pista e á contención do xogador
visitante David García (que anotou os 8 puntos do seu equipo no primeiro
periodo). Con esto, os xogadores de Germán chegaban con vantaxe ó final do
primeiro periodo (15-8).
No segundo periodo, os arteixáns
seguían coa intensidade e coa boa defensa; mentres que no ataque se movía ben o
balón pero non estaban todo o acertados debido á intimidación de David García. Esto
o aproveitaron os visitantes para achegarse no marcador, aproveitando as
vantaxes creadas polo propio García. Ó descanso o marcador reflexaba un 27-23 a
favor dos de Germán.
Á saída do descanso, os arteixáns
estaban máis espesos na defensa, permitindo recibir balóns baixo o aro ós
visitantes, que non desaproveitaban a ocasión para anotar. Mediado o periodo,
os arteixáns volveron á boa circulación de balón (pasando polos xogadores
interiores) e a apretar na defensa, o que propiciou que seguisen con vantaxe ó
rematar o terceiro periodo (42-37).
Pero no último periodo, os
visitantes pronto se puxeron por diante no marcador, cousa que menguou os
ánimos dos arteixáns, que querían volver a poñer distancia no marcador o antes
posible. Os nervios e a ansiedade propiciaron erros en defensa e mala selección
de tiro en ataque (aparte do baixo acerto), cousa que non dubidaron en
aproveitar os visitantes para seguir por diante no marcador. Nos últimos
minutos, xa á desesperada fixeron que os visitantes aumentasen a vantaxe ata os
10 puntos finais que reflexaba o marcador ó rematar o partido (49-59).
O domingo repítese xornada no Pazo
dos Deportes coa visita do C.B. Cambre. O partido comezará ás 19:00 horas, no
que será unha nova proba para os xogadores de Germán e para que se vexa que a
mellora non só foi froito dun día, senón que é froito do traballo durante o que
vai de tempada.
C.B. Arteixo
Germán (2), Cotelo (3), Juan (4),
Manu (2), Pavo (0), Víctor (7), Arkaitz (9), Dylan (10), Adrián (0), Yassir (6),
Pablo (0), Dany (6)
Ad: Germán Lozano
Dinamo CBAJ Culleredo
JM Vázquez (0), García (27), Otero
(1), Aldariz (13), Seijas (0), Mateos (0), L Vázquez (6), Cortés (2), Barral (10)
Ad: José Noya
No hay comentarios:
Publicar un comentario