Volven a escena
tódolos equipos do C.B. Arteixo despois do parón pola Ponte da Constitución. Anque
por outra banda, é a última xornada do ano 2012 debido ó parón do Nadal (ata o
13 de Xaneiro non volve a haber xornada).
O primeiro equipo
en xogar o seu partido é o C.B. Arteixo
cadete, que visita ó C.B. Sant Yago na xornada que abre a segunda volta da
liga. Os xogadores de Jose, intentarán levarse unha victoria que se lles
escapou no partido de ida despois dun mal cuarto periodo. O partido disputarase
o sábado ás 16:00 horas no Polideportivo Municipal Elviña I de A Coruña.
O seguinte partido
xogarao o C.B. Arteixo alevín mixto
que xogará contra o Liceo A. Os rapaces e rapazas de Arkaitz, tratarán de
seguir mellorando co paso das semanas e da competición e poder achegarse a
pelexar o partido co equipo contrario. O partido disputarase o sábado ás 18:45
horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña.
O último partido da
xornada do sábado será o derby entre o
C.B. Laracha e o C.B. Arteixo senior de 4ª división. Partido que se está
convertindo nun clásico dende hai varias tempadas. Os xogadores de Germán
tratarán de pechar a primeira volta da competición coa segunda victoria da
tempada despois de dous bos partidos aínda que se saldaron con derrota. O
partido xogarase ás 20:00 horas no IES Agra de Leborís de A Laracha
Xa na xornada do
domingo, o C.B. Arteixo infantil
masculino recibirá ó BCA 2000. Os xogadores de Edu buscarán seguir
mellorando no seu xogo, así como a súa segunda victoria da tempada ante un
equipo empatado a victorias na clasificación. O partido xogarase ás 10:00 horas
no Pazo dos Deportes de Arteixo.
O C.B. Arteixo infantil feminino viaxará
á Coruña para xogar o seu partido contra Los Rosales. As nenas de Andrea
tratarán de conseguir outra victoria e así coller confianza no seu xogo para
seguir mellorando co paso das semanas de adestramento. O partido disputarase ás
11:15 horas no Polideportivo Elviña I de A Coruña.
Ás 12:00 horas no
Pazo dos Deportes vivirase un gran partido da 2ª división senior masculina. O C.B. Arteixo senior de 2ª división recibirá
ó C.B.A. no duelo pola primeira posición do grupo norte da liga. Os xogadores
de Fran tratarán de seguir coa constancia mostrada nos últimos partidos,
recuperar o nivel de xogo das primeiras victorias e encadear outra victoria
consecutiva para ampliar o número a 9, xa que só caeron derrotados na primeira
xornada ante o Obradoiro de Santiago.
Pecha a xornada do
domingo o C.B. Arteixo junior, que
recibirá ó Maristas Coruña. Os xogadores de Germán tratarán de olvidar os dous
últimos partidos e volver á senda do bo xogo para marchar con bo sabor de boca
ás vacacións e continuar traballando nos adestramentos. O partido disputarase
ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario