jueves, 20 de diciembre de 2012

Alevín mixto: C.B. Arteixo 19-41 Liceo La Paz


Partido disputado o sábado ás 18:45 horas no Polideportivo de A Sardiñeira de A Coruña. O C.B. Arteixo alevín mixto xogaba contra o Liceo La Paz.

Un partido complicado para os arteixáns, que se viron moi apretados para atacar, posto que na maior parte do partido sufriron unha defensa a toda pista por parte do rival.

Os grandes erros en tiro a canasta dende debaixo do aro e poucos rebotes ofensivos, axudaron ao rival a sumar puntos no marcador, que non desperdiciaron as oportunidades que se lles brindaban en bandexa.
Cunha forte defensa, na cal tiveron problemas para saír adiante (perdas de balón, pases perdidos, campos atrás… ) os arteixáns non deixaron de plantarlle cara aos xogadores do Liceo en ningún momento.

Pouco a pouco, con moito traballo por diante e as ganas de tódolos xogadores, irán mellorando e aprendendo nos partidos.

C.B. Arteixo: Manuel; Roi; Laura; Víctor; Simón; Anais; Raúl; Yago; Khaoula; Aitana
Ad: Andrea Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario