Visitaba o C.B. Arteixo ó Frutas
Esther Sant Yago na primeira xornada da segunda volta da competición.
Presumíase un partido igualado, xa que na primeira volta os coruñeses
conseguían distanciarse no marcador no último periodo despois dun partido
igualado ata ese momento. O partido comezou ás 16:00 horas no Polideportivo
Municipal de Elviña I de A Coruña.
Presentábanse os arteixáns con
varias baixas, encabezadas polo adestrador Jose con apendicitis e seguidas por
Javi e Juanlu.
Non comezaron mal os arteixáns,
movendo o balón en ataque e superando a defensa individual dos locais. Pero
mediado o periodo, dúas triplas consecutivas dos locais fixeron que aparecesen
as primeiras vantaxes para os locais, que chegou ós 6 puntos ó final do periodo
(15-9).
No segundo periodo, seguiu a tónica
da igualdade, pero varias boas defensas dos locais, xunto coas perdas de balón
dos arteixáns fixeron que a vantaxe crecese ata os 15 puntos (34-19).
A partir do descanso veu a debacle
dos de Arteixo, as lesións de Iván e Natahel mermaron a rotación de Germán e a
defensa presionante a toda pista dos locais fixo que se rompese o partido
grazas ó nivel físico dos locais e ás perdas de balón visitantes (58-27).
O último perido foi similar ó
terceiro, os locais presionando a toda pista alternando 1-3-1 e 2-2-1 mentres
que os arteixáns se quedaban con só 5 efectivos dispoñibles pola eliminación de
Darío e Miguelón. Aguantaron como leóns na pista Jonathan, Leo, Antón, Adrián e
Miguelín, sendo capaces de romper varias veces consecutivas a presión local e
conseguir lanzamentos cómodos moitas das veces e anotar en posicións fáciles en
varias accións. Ó final, 92-37 no marcador.
O C.B. Arteixo terá tres semanas
para recuperar lesionados e preparar o seguinte partido contra o Santo Domingo
de Betanzos o domingo 13 de xaneiro ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de
Arteixo.
C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel,
Jonathan, Miguel Díaz, Leo, Iván, Antón e Adrián.
Ad: Germán Lozano
Frutas Esther Sant Yago
Fernández, Parada, Conde, Arbones, O
Pérez, J Pérez, J Pérez, Alonso e Pastor
Ad: Félix Bañobre
No hay comentarios:
Publicar un comentario