Nesta xornada o C.B. Arteixo
infantil feminino enfrontouse ao C.D. Los Rosales o domingo 16 ás 11:15h en
Elviña I.
Contaba Andrea con seis nenas para
este partido, polo que podía dar descanso a algunha delas, notándose
enormemente a ausencia de Miriam.
As xogadoras do C.B. Arteixo
loitaron o partido ata o último minuto. Comezaron o primeiro cuarto cun parcial
de 14 – 7 a favor das contrincantes. Moi boa defensa das xogadoras de Andrea,
acudindo ás primeiras axudas e impedindo que anotasen facilmente debaixo do
aro, o que non evitou que encestasen dende fora da zona.
O segundo cuarto cun parcial moito
máis próximo e equilibrado, 8 – 10 , a favor das arteixanas, no cal seguiron
coa boa defensa e as axudas. Realizaron un par de contraataques que remataron
en canasta, iso foi o que fixo gañar o parcial.
Todo o partido moi reñido, as
xogadoras do C.B. Arteixo, xa cansadas e con tan só con unha xogadora para
realizar cambios, fóronse alonxando do resultado no último cuarto, que se lles
fixo costa arriba para todas elas, deixando o marcador 44 – 33
a favor do equipo local.
C.B. Arteixo: Victoria (2); Angélica
(4); Noelia (4); Sonia( 14); Laura (9); Aitana
Ad.: Andrea Álvarez
No hay comentarios:
Publicar un comentario