Partido xogado contra o Ventorrillo no
Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 19:00 horas.
Para este partido, Germán non podía
contar con Víctor nin con Diego por lesión. Polo que foi da partida Manuel do
equipo junior.
Comezou o partido como sempre, cos
arteixáns regalando o primeiro periodo ó equipo visitante. Nulos en ataque, con
malas decisións e faltos de axuda na defensa. Desta vez o parcial foi de 4-24.
Cambiaron as tornas no segundo
periodo, os arteixáns cambiaron a actitude e melloraron o acerto de cara ó aro.
Chegaron a poñerse a 15 puntos, pero varios ataques errados propiciaron que a
vantaxe visitante ó descanso fose de 21 puntos (17-38).
Continuaba a mellora na actitude por
parte dos arteixáns, pero sen ser capaces de recortar distancias no marcador.
Conseguían reducir no nivel de anotación dos visitantes, pero non conseguían
anotar dende o exterior, baseando todo en penetracións e balóns interiores. Ó
final do periodo 28-51.
O último periodo, cos arteixáns
fundidos físicamente e sen esperanzas de remontar, foi o mellor dos locais,
sobre todo no acerto no lanzamento (17 puntos), pero as lagoas en defensa do
primeiro periodo volvían a escena. Ó final do parrtido, 45-72 para os
visitantes.
Bo partido dos arteixáns, que non se
dan concienciado de que os partidos comezan no minuto 1 e non no minuto 11.
Cabe destacar que tódolos xogadores conseguiron anotar no partido.
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó IDEFIC o venres 30 de novembro no Pavillón da Antiga Facultade de
Maxisterio de A Coruña ás 20:45 horas
C.B. Arteixo
Germán (1), Cotelo (7), Juan (2),
Manu (2), Pavo (6), Arkaitz (7), Dylan (2), Adrián (2), Yassir (9), Héctor (2),
Pablo (2), Dany (3)
Ad: Germán Lozano
Ventorrillo
Alonso (3), Iglesias (9), Cotelo
(7), No (6), Valeiro (1), Vieites (12), A. Lamela (2), Fernández (23), Aruñedo
(7), Vázquez (0), R Lamela (0), Rubianes (2)
Ad: Javier Riestra
No hay comentarios:
Publicar un comentario