martes, 27 de noviembre de 2012

Infantil feminino: Maristas Champagnat 49 - 18 C.B. Arteixo


Partido que se xogou o sábado ás 11:15 horas no Pavillón Elviña II de A Coruña, que enfrontaba ó Maristas Champagnat e ó C.B. Arteixo.

Este foi un partido bastante complicado para as xogadoras do C.B. Arteixo. Dende un principio, sabendo que se ían atopar fronte un forte rival e asumindo grandes dificultades para este encontro, fixeron todo o posible para que non fose moi grande a diferenza.

Desta vez contaron coa axuda da alevín Aitana, posto que Noelia segue a súa recuperación, e precisábase algún cambio para non estar tan fatigadas.

Comezou o partido cunha defensa a toda pista, que pasar a campo ofensivo resultaba cada vez máis complicado, debido ao cansancio e as perdas de balón.

Moitos tiros errados debaixo de canasta foron en contra das xogadoras, poucos rebotes, tanto defensivos como ofensivos, dándolle máis posibilidades ao rival para anotar e facer contraataques, deixando o marcador ao seu favor : 49-18

Pouco a pouco as infantís seguirán mellorando. Aprendendo de cada partido un pouco para poder conseguir a segunda vitoria da tempada.


C.B. Arteixo
Laura, Vicky, Angélica, Sonia, Miriam e Aitana.
Ad: Andrea Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario