lunes, 26 de noviembre de 2012

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 62 - 56 C.B. Celtas


Partido xogado contra o C.B. Celtas de Foz no Pazo dos Deportes de Arteixo, o domingo ás 12:00 horas.

Nova victoria, sexta consecutiva, nun partido moi complicado para os xogadores de Fran Lozano.

No primeiro periodo, os arteixáns comezaron moi ben chegando a acadar unha vantaxe de 10 puntos grazas ó dominio no xogo interior. Finalizouse o primeiro periodo 19-11.

No segundo periodo, os visitantes comezaron a achegarse no marcador grazas a 3 triplas para devolver o parcial do primeiro periodo. Chegaron os locais con 1 punto de vantaxe no marcador (30-29).

Despois do descanso partido mantívose igualado e os locais non eran capaces de volver a dominar o partido. Aínda que conseguían manterse por diante no marcador, pero sen que as vantaxes fosen moi elevadas. Chegouse ó final do periodo cun 47-43 no marcador.

No último periodo todo segue igual, os locais van por diante no marcador, pero sen conseguir distanciarse. A falta de pouco menos de un minuto unha recuperación de balón e os tiros libres danlle a victoria ós arteixáns (62-56) nun duro partido que lles permite seguir na parte alta da clasificación.

A próxima semana o C.B. Arteixo visitará ó C.D. Recimil de Ferrol o domingo 2 de decembro ás 12:00 horas no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol.


C.B. Arteixo
Rober (0), Iván (3), Diego (16), Álex (0); Guille Conchado (14), Guille Vilanova (0), Manu (7), Edu (11), César (-), Rober (2), Mindi (5), David (4)
Ad: Fran Lozano

C.B. Celtas
Sánchez (0), Palou (-), M Cao (-), Pérez (-), Fraga (-), Oroza (11), Méndez (14), Paz (0), Suárez (14), D Cao (3), Vasquez (4), Fernández (10).
Ad: Pablo Castro

No hay comentarios:

Publicar un comentario