lunes, 5 de noviembre de 2012

Senior 2ª división: CBC 64 - 72 C.B. Arteixo


O C.B. Arteixo visitaba ó CBC o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo no duelo entre o segundo e terceiro clasificado. Contaba Fran coa nova incorporación do equipo, Roberto Garnelo. Importantísima a victoria para ir deixando detrás a rivais directos polos postos altos da clasificación.

O partido comezou cun C.B. Arteixo marcando o ritmo do partido e anotando con certa facilidade, acadando ó final do primeiro periodo 7 puntos de vantaxe, a pesar de que non eran capaces de parar a Roberto Don, que case monopolizaba o ataque e a anotación dos cullerdenses con 10 puntos neste periodo (13-20).

CBC aumentou o seu nivel defensivo no segundo periodo e con varias recuperacións de balón que propiciaban contraataques cómodos, conseguían chegar ó descanso con vantaxe no marcador (36-35).

O terceiro periodo foi moi igualado, sen que ningún dos dous equipos fose quen de impoñer o seu xogo, a pesar de que a defensa dos locais seguía sendo moi forte e non permitía ós de Arteixo xogar con comodidade (53-53).

No último periodo, os arteixáns acadan unha diferenza de 9 puntos a falta de 4 minutos pero os locais non se renden. Tras dúas recuperacións consecutivas, se poñen a 4 puntos de desvantaxe. Nese momento os árbitros sinala unha falta técnica e outra descalificante sobre Vilariño, ás que se suma unha técnica ó banquiño local, o que provoca 6 tiros libres para os visitantes. Aproveitan 4 deles e a conseguinte posesión, finiquitando e decidindo o partido a favor dos arteixáns.

A próxima xornada, o C.B. Arteixo recibirá no Pazo dos Deportes de Arteixo ó C.B. Cluny, buscando a quinta victoria consecutiva que o afiance nas primeiras posicións da clasificación. O partido será o domingo 11 de novembro ás 12:00 horas.
  

CBC
Don (25); Prado (1); Subiela (6); Calviño (6); Díaz (7); Vilariño (0); Liñares (12); Malpica (2); Suárez (0); Montero (5); Alonso (-); Quintián (-).
Ad: Luis Fraga

C.B. Arteixo
Rober G (-); Iván (0); Diego (13); Álex (13); Guille Conchado (0); Guille Vilanova (4); Manu (11);  Edu (13); César (-); Rober V (4); Mindi (1); David (15).
Ad: Fran Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario