lunes, 5 de noviembre de 2012

Senior 4ª división: CB Montrove 44 - 69 C.B. Arteixo


Visitaba o C.B. Arteixo ó Café Hortensia Montrove o sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Colexio Valle Inclán de Oleiros. Os dous equipos chegaban sen coñecer a victoria no que vai de tempada, polo que se presentaba un partido importante para o ánimo dos dous equipos. Contaba Germán Lozano coa baixa de Germán Seoane.

Comezaba o partido cun ritmo moi lento, o que favorecía ó xogo do equipo local. Os arteixáns non conseguían correr nin sacar vantaxes no xogo interior, polo que o C.B. Montrove chegaba ó final do primeiro periodo con vantaxe (11-9).

Xa no segundo periodo, os visitantes axustaron a súa defensa, dominaban o rebote e conseguían sacar ben o contraataque, o que provocaba canastras fáciles e continuas en 1x1 e 1x0. Os locais seguían facendo o seu xogo en ataque, pero non conseguían parar o xogo rápido dos arteixáns. Chegábase ó descanso con 11 puntos de vantaxe para os de Arteixo (21-32).

Despois do descanso seguiu a mesma tónica que no segundo periodo, pero os locais estaban máis acertados de cara ó aro, polo que a diferenza non aumentou moito. Os arteixáns seguían baseando o seu xogo na defensa e nas recuperacións de balón. Ó final do periodo o marcador era de 38 a 54.

No último periodo, o cansancio dos dous equipos fixo que o nivel de anotación descendese por parte dos dous equipos. Os arteixáns seguían coa súa defensa, o que lles permitía que a diferenza no marcador non correse perigo. Ó final do partido 44 a 69 para os xogadores de Germán Lozano.

Na próxima xornada, o C.B. Arteixo recibe ó Filloa Jazz. O partido será o próximo domingo 11 de novembro ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.


Café Hortensia Montrove:
Blanco (0); López (2); Barreiro (6); Calvo G (10); Méndez (6); Muíño A (2);
Calvo B (18); Smith (0); Muiño D (0)
Ad: Jaume Cánaves

C.B. Arteixo
Cotelo (0); Juan (4); Diego (3); Pavo (1); Víctor (4); Arkaitz (17);
Dylan (4); Adrián (9); Yassir (3); Héctor (8); Pablo (8); Dani (8)
Ad: Germán Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario