lunes, 5 de noviembre de 2012

Infantil masculino: C.B. Artai 77 - 56 C.B. Arteixo


Visitaban os xogadores de Edu a un dos máximos favoritos para levarse a liga, o C.B. Artai. O partido comezaba o sábado ás 12:00 horas no Pavillón Bergantiños de Carballo.

A priori o equipo local tiña unha clara vantaxe dado o nivel técnico e físico que aportan tódolos xogadores do club en tódalas categorías. Por parte dos de Arteixo cabe destacar o esforzo e a entrega dos xogadores durante todo o partido ante un rival tan complicado. Ó partido acudiu a totalidade da plantilla.

O partido foi bastante reñido nos dous primeiros periodos (11-10 e 21-13). Os de Arteixo aguantaron ben o ritmo dos locais gracias a unha boa defensa e a un xogo fluido en ataque, con rápidas transicións de aro a aro. Chegándose ó descanso cun 32-23 para os locais.

No inicio da segunda metade, os arteixáns encaixaron un duro parcial a causa do desgaste da primeira metade e do acerto dos locais en ataque, poñendo a diferenza preto dos 20 puntos (56-37), provocando o desánimo nos xogadores visitantes.

No último periodo intentouse a remontada, pero foi imposible debido á diferencia no marcador. O tanteo do periodo foi moi elevado (21-19), deixando o marcador definitivo nun 77-56 para os carballeses.

Bo partido dos arteixáns a pesar da derrota, o que indica que hai que seguir co traballo de tódolos días e non tardará moito a ansiada primeira victoria do ano.


C.B. Arteixo
Jose Aimán; Mario; Carlos; Jose; Isma; Víctor; Jaboco; Hugo; Dani
Ad: Edu Albitre

No hay comentarios:

Publicar un comentario