martes, 13 de noviembre de 2012

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 80 - 69 Cenor Cluny


Recibía o C.B. Arteixo ó Cenor Cluny o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Contaban os locais coa baixa de Rober Vilariño.

Quinta victoria consecutiva para o C.B. Arteixo nun partido raro, que máis que un partido pareceu que foron dous, cun para cada equipo.

Na primeira parte o C.B. Arteixo foi moi superior ó Cenor Cluny con vantaxes que chegaron a ser de 28 puntos no segundo periodo, no que os locais anotaron 29 puntos, deixando unha renta de 24 puntos ó descanso (49-25).

Na segunda parte, todo o contrario. Os de Cluny saían moi intensos e os arteixáns descentrados e un pouco relaxados pensando que o partido estaba gañado. No terceiro periodo, os santiagueses chegaron a poñerse a 15 puntos , pero ó final do periodo a distancia estaba nos 20 puntos (65-45).

No último periodo, a falta de concentración dos locais provoca que o Cenor Cluny se acerque por debaixo dos 10 puntos despois de varias perdas de balón que se saldaban con malos balances defensivos e varias triplas.

Ó final, 11 puntos de vantaxe (80-69) que, se ben deixan a victoria en Arteixo, tamén deixan unha sensación de que o equipo se deixou ir en exceso.

Destacar o debut da última fichaxe do equipo, Rober Garnelo.

A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo ten xornada de descanso.

C.B. Arteixo
Rober G (0); Iván (0); Diego (16); Álex (7); Guille Conchado (13); Guille Vilanova (2); Manu (15); Edu (11); César (2); Mindi (8); David (6).
Ad: Fran Lozano

Cenor Cluny
López L (13); Rico (); Ramos (); S (); Seoane (); Rodríguez (); Catoira (); López E (); González (); Pazo (); Pereiro (); Rodríguez-Segade ()
Ad: Souto

No hay comentarios:

Publicar un comentario