Partido disputado o domingo ás 17:00
horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Recibía o C.B Arteixo ó Norinver Narón
coa intención de seguir mellorando no xogo e a de conseguir a segunda victoria
da tempada.
O partido comezou cun 0-12, dos
cales 8 puntos foron contraataques de 1x0. A partir de aí, parcial de 6-5 a
favor dos locais grazas á mellora na defensa e á circulación de balón no
ataque. Ó final do periodo 6-17 para os de Narón.
O segundo periodo foi similar ó
primeiro. Os de Narón ían aumentando pouco a pouco a vantaxe no marcador debido
á debilidade defensiva dos locais. Ó descanso a renda a favor dos de Narón era
superior ós vinte puntos (14-37).
O terceiro periodo foi o mellor dos
locais, cambiando a actitude defensiva, movendo o balón en ataque, acertados de
cara ó aro; o que lles levou a gañar este terceiro parcial (31-52)
No úlitmo periodo, seguiu o bo xogo
dos locais en ataque, pero en defensa víronse superados de novo polos
visitantes, que aproveitaron para aumentar a súa vantaxe ata os 30 puntos do
final do partido (42-72).
A próxima semana o C.B. Arteixo
visitará ó Tirso de Molina, equipo que aínda non coñece a derrota nesta
primeira volta da liga.
C.B. Arteixo
Eloy (0); Nico (2); Dani (16); Manu
(13); Damián (2); Diego (1); Adrián (2); Jacobo (0); Brais (2); Fabián (4);
Richi (0)
Ad: Germán Lozano
Norinver Narón
Pita (4); Pena (0); López (8); Durán
(0); Balsa (20); Rey (24); Goude (14); Castro (2); Rodríguez (0)
Ad: JM Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario