Visitaba o sábado o C.B. Arteixo ó
ACB Costa da Morte. O partido comezaba ás 16:00 horas no Polideportivo de
Brens. Non podía ir Jose ó partido por motivos de estudios, polo que o
adestrador tivo que ser Germán.
Saíron os arteixáns sen meterse no
encontro. Defensa blanda e en ataque nada acertados, o que aproveitaron os
ceenses para coller as primeiras vantaxes no marcador grazas á súa defensa que
deixaba tirar ós visitantes, saíndo en rápidos contraataques e anotando fácil.
Chegábase ó final do primeiro periodo con vantaxa para os locais, 14-8.
No segundo periodo cambiaron as
tornas, os arteixáns aumentaron a intensidade en defensa e atacaban máis
agresivos en 1x1, sen deixar que se colocasen os locais na defensa. Todo esto
provocaba contraataques e ataques rápidos en 1x1 que finalizaban en canasta. Ó
descanso o marcador era favorable ós visitantes 23-30.
Despois do descanso, a falta de
acerto volveu ós dous equipos, que estaban negados de cara ó aro. A esto tamén
axudaba o cansancio debido ó ritmo do partido, que era de ida e volta continua
xa que practicamente non había ataques estáticos de máis de 15 segundos. Os
locais leváronse o parcial, deixando o marcador en 32-39.
O último periodo foi similar ó
segundo, anque os ataques eran un pouco máis lentos xa que era complicado
aguantar os 40 minutos a un ritmo alto. Os locais seguían pechados en defensa,
pero un par de canastas dos visitantes desde posicións lonxanas ó aro, fixeron
que a vantaxe aumentase ata o definitivo 37-52.
ACB Costa da Morte
Rodríguez, Fernández, Romero, Toba,
Castiñeira, Marcote, Díaz, Betancourt
Ad: P. Trillo
C.B. Arteixo
Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan,
Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván, Antón, Adrián
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario