Recibía o equipo junior ó C.B.
Cambre no partido aprazado da pasada xornada, buscando a primeira victoria da
tempada. O partido daba comezo hoxe xoves ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes
de Arteixo.
Contaban os arteixáns coas baixas de
Richi e Nico por enfermidade, polo que foi convocado Darío do equipo cadete.
Comezaban os arteixáns mandando no
marcador, conseguindo boas opcións de ataque e finalizando con acerto. Mediado o
periodo, os cambreses aumentaron o seu nivel defensivo polo que complicaron o
acerto dos locais, ó mesmo tempo que forzaban faltas ós locais e ían sumando
pouco a pouco dende o tiro libre. Ó final do periodo, mandaban os locais 17-12.
O segundo periodo tivo moitas
imprecisións por parte dos dous equipos. Moitas perdas de balón e pouco acerto
de cara ó aro, polo que o marcador se movía nas mesmas diferenzas, chegando ó
descanso 29-23.
A reanudación foi moi boa para os
locais, aumentaron a intensidade en defensa, conseguido recuparar balóns e saír
en rápidos contraataques para anotar con facilidade. Os de Cambre non
conseguían ver aro con facilidade o que provocaba que os de Arteixo superasen nalgún
momento do periodo a barreira dos 10 puntos de vantaxe. Chegouse ó final do
periodo 45-33.
No último periodo, unha defensa
presionante dos cambreses unida ás imprecisións dos arteixáns, reduciu a
vantaxe por debaixo dos 10 puntos a 3 minutos do final do partido. Un tempo
morto e uns axustes para saír da presión, fixeron que a vantaxe volvese a
aumentar lixeiramente para os locais, chegando ó final do partido cunha vantaxe
de 12 puntos (59-47).
C.B. Arteixo
Darío (2); Edu (0); Eloy (4); Dani
(9); Manu (8); Damián (4); Diego (2); Adrián (0); Jacobo (4); Brais (16);
Fabián (10);
Ad: Germán Lozano
C.B. Cambre
Loureiro (20); Vázquez (5); Cabado
(0); Rivas (0); Carballo (5); Blanco (6); Bocelo (2); Bermúdez (0); Galego (5);
Bello (2)
Ad: Javier Soto
No hay comentarios:
Publicar un comentario